CRTVG

Buscar

Aviso amarelo por calor nas provincias de Ourense e Pontevedra

Publicado o 20/07/2020 15:07

Este luns baixaron algo as máximas en Galicia, agás nas Rías Baixas, con máximas de 29 en Vigo ou Sanxenxo. Nas praias a brisa do mar fai levadeira unha calor que nos acompaña incansable dende hai máis dunha semanas.

As cuncas do Miño en Ourense e Pontevedra e Valedeorras están en aviso amarelo pola calor, con temperaturas que superán on 34 graos. Algo máis baixas son as máximas polo norte, con 22 na Coruña ou 25 na cidade de Lugo.

Nótase de día e tamén de noite, cando en moitos municipios as mínimas non dan para refrescar as casas.

Este martes o aviso amarelo esténdese ao litoral de Pontevedra, onde pasarán dos 34 graos, e tamén ao sur de Lugo e practicamente todo Ourense, onde se superarán os 36.

Noticias web

20/07/2020