CRTVG

Buscar

Aviso amarelo por altas temperaturas no val do Miño

Publicado o 22/07/2020 20:51
Aviso amarelo por altas temperaturas no val do Miño

Coa entrada da noitiña vai quedar desactivado o aviso amarelo por altas temperaturas no sur de Galicia. Durante a tarde, no Val do Miño, onde os termómetros superaron os 35 graos, a calor foi abafante. Este xoves, a masa de aire cálido irase desprazando cara ao sur e baixarán as temperaturas. Malia todo, nas provincias de Pontevedra e Ourense as máximas volverán estar por riba dos 30 graos.
 

Noticias web

22/07/2020