CRTVG

Buscar

Aviso amarelo por altas temperaturas no sur de Galicia

Publicado o 21/07/2020 21:02

As praias cheas xa dende ben cedo son a mellor mostra do que traía consigo esta nova xornada de avisos amarelos por calor. Tocaba madrugar, e non para coller sitio, senón para fuxir en canto apertara o sol.

Iso na costa; na provincia de Ourense, as previsións falaban de máximas por riba dos 36 graos. E levan así dez días...

E si, o caso é que finalmente as treboadas chegaron.

Houbo trebóns durante toda a tarde e en moitos puntos da provincia de Ourense. Nalgunhas zonas, mesmo con pedrazo.

A partir de mañá baixan algo as temperaturas no sur de Galicia e haberá menos zonas en aviso pola calor. Con todo, non será ata o xoves cando se retire o aire cálido que hai sobre a nosa comunidade.

Noticias web

21/07/2020