CRTVG

Buscar

Aviso amarelo por altas temperatuas en Ourense e en toda a zona do Baixo Miño

Publicado o 23/08/2019 13:53

Tivemos que agardar máis de 20 días para gozar das temperaturas propias do verán neste mes de agosto. Xa onte marcamos a máxima temperatura rexistrada este mes na Arnoia con pouco máis de 38 graos e hoxe volveremos a facer marca con temperaturas un pouco máis elevadas. En Ourense capital tamén as temperaturas roldarán os 38 graos.

Unhas temperaturas que fan que estea activado o aviso amarelo por calor non só en Ourense senón en toda a zona do Baixo Miño. As recomendacións, as de sempre: non saír nas horas centrais do día, buscar sombras, beber moita auga e refrescarse se se pode.
Unha situación que nas zonas do interior se vai seguir mantendo ao longo da fin de semana, aínda que con temperaturas un pouco máis baixas. Iso si, na costa a situación mudará. Prevese chuvia na costa de Lugo e tamén na Coruña para este domingo. En Pontevedra quedaremos co ceo anubrado.
 

Noticias web

23/08/2019