CRTVG

Buscar

Aviso amarelo pola calor na provincia de Ourense onde poden superar os 36 graos na cunca do Miño

Publicado o 19/07/2020 14:18

Isto é Leiro, un dos puntos onde máis quenta de toda Galicia, xunto A Arnoia, tamén no Ribeiro e a cidade de Ourense compiten cada verán pola temperatura máis alta que só lles disputan as zonas do sur da Península. A mañanciña gozan do momento de maior respiro do día.

Onte aquí xa rozaron os 41 graos. En toda a cunca do Miño e o afluente Avia, no provincia de Ourense estiveron en alerta laranxa e hoxe, con aviso amarelo, poden superar, de novo, os 36 graos.

Calor sufocante... e o termómetro requentase ao sol, na cidade de Ourense ás doce da mañá a temperatura real superaba os 30 graos, tamén e Leiro e na Arnoia. Por agora, esta fin de semana está a ser a máis colorosa dun verán diferente, pero coa calor tipicamente ourensá, da que só se libra a zona da montaña.

Noticias web

19/07/2020