Aviso amarelo no litoral atlántico por ondas de catro a cinco metros
Publicado o 06/04/2019 21:15
Tampouco foi unha xornada calma na costa, con temperaturas máximas por debaixo do agardado nesta época do ano e con vento e chuvias ocasionalmente intensas. No mar, a situación mellorou ao longo do día, pero o litoral atlántico aínda está baixo un aviso amarelo por mareira do noroeste. Mañá haberá unha pequena tregua meteorolóxica, pero para o luns agárdase a chegada dunha nova borrasca que traerá ventos con forza sete e ondas de cinco a seis metros no litoral oeste.