CRTVG

Buscar

Avións e soldados españois axudan a loitar contra o lume en Turquía

Publicado o 02/08/2021 15:33

A través da Unión Europea, efectivos croatas e españois colaboran na extinción dos incendios de Turquía. España enviou dous hidroavións, un avión de reforzo e un continxente de 27 militares.

Oito incendios permanecen activos despois de seis días e as autoridades turcas confirmaron que oito persoas morreron a causa do lume que se produciron sobre todo no sur e no oeste do país afectando zonas moi turísticas, de feito, moitos do turistas tiveron que ser evacuados como tamén os habitantes de aldeas e barrios desta rexións, moitas estradas están cortadas.

Os incendios castigan outros países mediterráneos como Grecia ou Italia, onde ameazan unha zona de gran valor ecolóxico no centro. A costa adriática e o seu de país son as zonas máis afectadas xunto coa illa de Sicilia. Noutro punto do planeta, California, o lume tampouco dá tregua e as altas temperaturas e a seca provocaron que o último gran incendio do Lago Dixie devastara mais de 99.000 hectáreas.

Noticias web

02/08/2021