CRTVG

Buscar

Avanza sen control o incendio forestal que afecta a Tarragona e Barcelona

Publicado o 26/07/2021 09:21

O incendio forestal que afecta as provincias de Tarragona e Barcelona avanza sen control, segundo afirmou o xefe de bombeiros de Cataluña. 

O incendio obrigou a evacuar polo menos a 168 veciños de 53 casas e masías e varios campamentos de verán. Algúns preferiron pasar a noite en casa de amigos e familiares e non foron aos centros de acollemento habilitados. O incendio tamén afectou ás subministracións eléctrica, hai uns oitenta fogares sen luz. Investigan a orixe do incendio, que foi ao pé dunha estrada.

O lume arrasou máis de 1.200 hectáreas forestais, pero os especialistas din que se os ventos son desfavorables as lapas poderían queimar arredor de 5.000. Nestes momentos traballan na zona afectada 330 bombeiros cataláns e 40 membros da Unidade Militar de Emerxencias, con 16 avións e helicópteros. 

Noticias web

26/07/2021