CRTVG

Buscar

Avanza o proceso de vacinación en Galicia durante a fin de semana

Publicado o 08/05/2021 14:04

Continúan esas vacinacións masivas en diferentes puntos do país. Entre o venres e o sábado vanse vacinar 90.000 persoas de entre 60 e 69 anos.

Aínda que a este grupo de idade comezou administrándoselle o remedio de AstraZeneca, este sábado estáselles dando a de Pfizer. O proceso continúa o domingo inxectando xa segundas doses de Pfizer e de Moderna.