CRTVG

Buscar

Avanza a vacinación: menos ingresados por covid e de menor idade

Publicado o 19/05/2021 15:47

Se en decembro ou xaneiro, cando comezou o proceso de vacinación, a idade media dos hospitalizados en Galicia por covid estaba por riba dos 70 anos, agora case a metade dos ingresados non chega aos 60. A idade media baixou en máis dunha década dende que comezou esta campaña de vacinación. Os responsables sanitarios din que isto demostra que a vacina funciona, pero tamén a covid pode afectar de xeito grave persoas de calquera idade.

Na planta do Complexo Hospitalario de Ourense, onde están ingresados os enfermos covid, os seus cuartos acollen cada vez xente máis nova.

Poden contraer o virus, pero as consecuencias son moito máis leves, polo que o ingreso dos maiores de 70 anos reduciuse considerablemente, pasando a ser os menores de 60 os máis afectados polos virus.

As vacinas fixeron que o número de ingresos nesta cuarta vaga fose moito menor. Así e todo, destacan que hai xente nova que acaba na UCI.

Aínda que a recuperación dos máis novos é máis rápida, as secuelas poden alongarse, por iso insisten en que non se pode baixar a garda.

Noticias web

19/05/2021