CRTVG

Buscar

Avanza sen parar durante esta semana a vacinación dos maiores de 80 anos en Galicia

Publicado o 03/04/2021 14:10

Con máis dun século ás súas costas, Xulia foi unha das primeiras en recibir este sábado a vacina en Ourense.

Conta que tiña ganas para poder defenderse fronte ao virus e continuar igual de activa.
Imunizarse para recuperar a vida que a pandemia freou en seco. Xosé participaba nun orfeón e dúas rondallas.
É outro dos maiores que se vacinou.P oder estar preto dos seus é o principal desexo da maior parte deles.

Ata o luns só na área sanitaira de Ourense vacinaranse máis de 8 mil persoas. Quedarán unicamente as dos puntos máis afastados, como Viana do Bolo, a onde os equipos de vacinación se trasaladarán o martes. Ese día rematará esta primeira fase, como comenta Josefa Rodríguez, coordinadora da campaña en Ourense.

En toda Galicia será o mércores cando a práctica totalidade dos maiores de 80 anos teñen posta polo menos a primeira dose.

Noticias web

03/04/2021