CRTVG

Buscar

Avanza a vacinación do grupo de idade de 40 a 49 anos en toda Galicia

Publicado o 19/06/2021 14:51

Nova xornada de vacinación masiva nas distintas áreas sanitarias galegas. Na maioría delas este sábado continúa a quenda do segmento de idade de entre os 40 e 49 anos. Reciben a primeira dose do preparado de Pfizer.
En Santiago xa están a vacinar os de 40 a 45 anos. Son un total de 4.700 persoas as citadas nesta xornada.
Esta mañá o equipo de coordinación da Cidade da Cultura tivo que atender algunha incidencia menor.
En Ourense tamén progresa rápido a inmunización.
No recinto de Expourense estaban citadas para hoxe 3.100 persoas, tamén do segmento de idade de 40 a 49 anos, recibiron Pfizer.

Na área sanitaria da Coruña-Cee, entre o Ifeco e diferentes hospitais vacínanse hoxe preto de 8.800 persoas.
Na área sanitaria de Lugo hai uns 3.600 citados. Na área de Pontevedra-O Salnés están convocadas un total de 4.450 persoas. Na área de Ferrol desde hoxe e ata o vindeiro venres estímase vacinar unhas 14.000 persoas.

Hoxe estase a administrar tamén a segunda dose a grupos de idade de máis de 50 e de 60 anos e a colectivos esenciais.

Noticias web

19/06/2021