CRTVG

Buscar

Avanza a vacinación das persoas no treito de idade de 50 a 59 anos

Publicado o 22/05/2021 20:19

 Avanza a vacinación no treito de idade de 50 a 59 anos en distintos puntos de Galicia. En Expourense foran citadas hoxe máis de 4.000 persoas.

Ás portas do recinto feiral, as colas de entrada, longas por momentos, pero áxiles: "Eu tiña moitas ganas de poñela, eu tamén, para estar máis tranquilos". Todos chegaban con moitas ganas  e unha vez dentro, en menos dun minuto saían xa coa vacina posta. Neste caso, a de Moderna: "A verdade é que non sentín nada, moi ben, todo moi ben", "Xa non vía a hora de vir, rendíame o tempo que non me chamaban"

"Tiña moitísimas gañas de poñela, nós xa tivemos a covid, e canto antes nola puxeran, mellor"
En Santiago, no Gaiás, tamén estaban convocadas unhas 4.000 persoas no mesmo treito de idade, de 50 a 59 anos. Aquí recibiron a primeira dose de Pfizer, coas esperanzas postas en poder recuperar pronto a normalidade.

"Nunca pensei que fora a ser tan rápido nun ano, pensei que serían dous anos, foi un, fíxosenos eterno, pero en fin, creo que estamos a ver o final deste pesadelo"
"A pandemia alterounos moito en todos os sentidos, nas relacións sociais, no traballo, e tamén psiquicamente nos afectou a todos, é importante para todos ter unha vida normal, eu teño un neno pequeno e quero que volva vivir unha vida normal"
O domingo continuará a vacinación coa repesca de persoas de entre 60 e 69 anos que non puideran acudir a primeira vez que os citaron.

Noticias web

22/05/2021