CRTVG

Buscar

Avanza a proposición de lei para reformar o Consello do Poder Xudicial

Publicado o 16/02/2021 17:09
Avanza a proposición de lei para reformar o Consello do Poder Xudicial

Avanza a proposición de lei do PSOE e Unidas Podemos para reformar o Consello Xeral do Poder Xudicial. Esta mañá, o texto pasou pola Comisión de Xustiza do Congreso. Agárdase que vaia a pleno a próxima semana para a súa votación, xa que se tramita pola vía de urxencia.

Se se aproba, o órgano reitor dos xuíces vería limitadas as súas capacidades e non podería facer designacións estando en funcións, como está agora. O PP xa anunciou que recorrerá o texto ante o Constitucional.

Noticias web

16/02/2021