CRTVG

Buscar

Investigadores do CiMUS da USC traballan en avances contra o efecto rebote das dietas

Publicado o 25/01/2019 19:31

E para loitar contra a obesidade, concretamente entroutras cousas, evitar o efecto rebote das dietas, traballan científicos dende a Universidade de Santiago. Co equipo investigador do CiMUS, solicitan este ano, como os anteriores, colaborar farmacéuticos, biólogos e médicos de todo o mundo.

Os expertos alertan de que de manterse a tendencia, nas próximas décadas, será unha pandemia a obesidade, relacionada coas patoloxías que producen máis mortandade. As principais causas están nos hábitos alimentarios non saudables e no sedentarismo pero tamén na xenética pola que o ser humano está deseñado para gardar a enerxía que inxire en calorías.

Miguel López, profesor de Fisioloxía e director do Grupo NeuroObesidade, CIMUS-USC: "O traballo que realizamos e co que levamos xa dende a USC uns 12 ou 15 anos, está focalizado no estudo do tecido adiposo pardo que é un tipo de graxa que emprega os lípidos como fonte de enerxía, unha vez que queima os lípidos a calor disípase. O cerebro controla de maneira moi precisa o funcionamento do tecido adiposo e nós o que estamos intentando é manipulalo para poder incrementar a produción de calor, a queima de graxas no tecido adiposo pardo e que iso nos axude a perder peso. Queremos acabar co típico problema de efecto rebote nas dietas. A xente fai unha dieta e deixa de comer co que mingua o consumo enerxético que durante a inxestión fai o noso corpo, e mantense baixo durante tempo aínda logo cando a persoa xa non está a dieta. Por iso a persoa gaña logo aínda máis peso. Por iso estamos intentando modular, amais da inxestión, o gasto enerxético, para que este efecto de reequilibración, esa compensación non exista. Pretendemos conseguir tratamentos, identificar dianas que nos permitan que aínda baixando a inxestión non baixe o gasto enerxético, mesmo queremos conseguir subir este, por exemplo, queimando máis graxa no tecido adiposo pardo. Así evitariamos por exemplo o efecto rebote das dietas.

Investigadores da USC no CiMUS xa conseguiron resultados con animais e esperan pronto telos para persoas. Con eles solicitan, cada ano, traballar, médicos, biólogos e farmacéuticos de todo o mundo.

Noticias web

25/01/2019