Autorizan a extradición a México de Lozoya, ex-director de Pemex
Publicado o 06/07/2020 12:20

A Audiencia Nacional acordou a extradición a México do ex-director xeral da petroleira Pemex, Emilio Lozoya, para ser xulgado por unha fraude de 280 millóns de dólares.
Os maxistrados da Sección Segunda da Sala do Penal consideran que se cumpren os requisitos establecidos na lexislación e lembran que Lozoya presentara un escrito o pasado 29 de xuño en que aceptaba ser extraditado ao seu país. Atribúeselle por parte das autoridades mexicanas un delito de suborno e asociación ilícita, así como de "operacións con recursos de procedencia ilícita", que se correspondería co delito de branqueo do Código Penal español.