CRTVG

Buscar

Autorizado o uso de emerxencia do fármaco de Pfizer entre 12 e 15 anos nos EUA

Publicado o 11/05/2021 08:15
Autorizado o uso de emerxencia do fármaco de Pfizer entre 12 e 15 anos nos EUA

Nos Estados Unidos aprobaron este luns a autorización para vacinar adolescentes contra a covid−19. A decisión da FDA, a Axencia Estadounidense de Medicamentos, permite o uso de emerxencia do produto de Pfizer e BioNTech en persoas de 12 a 15 anos.

Está previsto que os  expertos sanitarios dos centros para o control e a prevención de enfermidades acorden mañá como se debe usar a vacina nese tramo de idade. A partír de aí empezará a vacinación. En Pfizer traballan xa para solicitar en setembro o uso do seu preparado anticovid−19 en nenos e nenas a partir dos dous anos.