Autorizan o primeiro ensaio clínico en persoas dunha vacina española contra a covid
EFE
A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) autorizou este mércores o primeiro ensaio clínico en persoas dunha vacina española fronte á covid-19, a vacina PHH-1V dos laboratorios Hipra, en Cataluña. Segundo informou a AEMPS, no primeiro ensaio participarán decenas de voluntarios de entre 18 e 39 anos que recibirán dúas dose da vacina, separadas por un período de 21 días.
"Tan pronto como sexa posible", segundo a AEMPS, iniciarase o proceso de selección dos voluntarios que cumpran cos criterios de inclusión especificados no protocolo.
Esta vacina está baseada en dúas proteínas recombinantes (plataforma similar á de Novavax e Sanifi) capaces de xerar unha resposta inmunolóxica fronte a unha das proteínas do SARS-CoV-2.
Segundo o comunicado da AEMPS, este tipo de ensaios é imprescindible para garantir a calidade, seguridade e eficacia das vacinas e "este fito supón un paso adiante na obtención da evidencia científica en humanos desta vacina".
Durante o ensaio levará a cabo unha monitorización estreita dos voluntarios e unha identificación de todos os casos de acontecementos adversos e de infección por SARS-CoV-2 que se vaian producindo.
Se todo vai ben, a compañía estima que podería ter a primeira partida lista a finais de ano O presidente do Goberno destacou a importancia do financiamento público nos avances científicos contra a covid."Non en van, o noso país investiu máis de 13 millóns de euros en transferencias e case 6 millóns de euros en créditos para colaborar coa ciencia española no desenvolvemento das novas vacinas fronte a covid no noso país", apuntou esta mañá Pedro Sánchez.