CRTVG

Buscar

Autorizada a licitación para ampliar o hospital de Pontevedra

Publicado o 21/11/2019 14:43

A Xunta vai remitir de xeito inmediato ao Diario Oficial da Unión Europea o anunciou de licitación das obras da primeira fase de reforma e ampliación do Gran Montecelo. Nesta primeira fase, o Goberno galego investirá 115 millóns de euros na construción dun novo edificio de 10 andares. Prevén comezar as obras a mediados de 2020.

"O Gran Montecelo é o maior compromiso sanitario na cidade dende que se fixo o Hospital. Vai dar asistencia a 300.000 persoas", afirmou Alberto Núñez Feijóo.

Nunha segunda fase reformarase o edificio actual. O Gran Montecelo ofrecerá os novos servizos de radioterapia, UCI pediátrica e medicina nuclear.

Noticias web

21/11/2019