CRTVG

Buscar

Austria comunica un novo confinamento case completo ata o 6 de decembro

Publicado o 14/11/2020 16:49
Austria comunica un novo confinamento case completo ata o 6 de decembro

O Goberno de Austria comunicou este sábado un novo confinamento social e comercial case completo a partir do vindeiro martes. Estenderase ata o 6 de decembro, co obxectivo de frear o avance da pandemia.

O toque de queda nocturno, con numerosas excepcións, ampliarase a todo o día. Isto implica que todas as institucións educativas, entre elas garderías e universidades, deberán permanecer pechadas e funcionar de xeito telemático.

Por outra banda, todos os comercios e servizos non esenciais, incluíndo barberías, deberán permanecer pechados durante o próximas tres semanas, agás supermercados, droguerías, farmacias, bancos e correos. Así o informou o chanceler federal, Sebastan  Kurz, nunha rolda de prensa en Viena.