CRTVG

Buscar

Aumentan un 50% as multas de tráfico por exceso de velocidade

Publicado o 31/07/2020 08:52

As multas de tráfico por velocidade dispáranse un 50% tras a fin do estado de alarma.
Un dato: emítense 460 ao día. Ou se o prefiren: entre o 22 de xuño e o 22 de xullo, nas estradas galegas, case 14.000 condutores foron multados por conducir a máis velocidade da permitida.

A Fiscalía de Seguridade Viaria advirte de que a fin do confinamento non só aumentou o exceso de velocidade, tamén o consumo de alcohol e drogas ao volante.


 

Noticias web

31/07/2020