CRTVG

Buscar

Aumentan os trastornos por depresión e ansiedade tras a pandemia

Publicado o 09/10/2021 16:52

O confinamento e as restricións motivadas polo coronavirus repercutiron na saúde mental da poboación galega. É a outra pandemia silenciosa que xa se deixa notar en unha de cada tres consultas de atención primaria. A depresión e a ansiedade están detrás destes trastornos que afectan especialmente ás mulleres.

Pero tamén á xuventude e á infancia. Un impacto vinculado ao peche das escolas e ás restricións sociais, especialmente entre a mocidade de 20 a 24 anos, que se traduce, segundo os expertos, en adicións, agresividade e incluso autolesións.

Trastornos que xa está notando a Axencia Española do Medicamento, cun aumento progresivo no uso de fármacos sedantes e hipnóticos. Unha pandemia silenciosa que xa constata o último estudo sobre o seu impacto a nivel global, 129 millóns de casos en todo o mundo.

O mundo científico alerta da necesidade de investir nos sistemas de saúde sen saber aínda cales serán as súas dimensións reais e as pegadas que deixará nas persoas afectadas.

Noticias web

09/10/2021