Aumentan os prezos e escasea o produto na véspera da cea de Noiteboa
Publicado o 23/12/2019 15:09
Nada menos que 85 euros por un quilo de percebes van ter que pagar se se achegan hoxe ao mercado de Portonovo. Na véspera da noite máis familiar do ano, nas cociñas galegas xa prenden os fogóns para preparar os pratos estrela de cada casa.
Tanto comerciantes como clientes confirman que este ano os prezos sufriron un certo incremento. O motivo principal son os temporais dos últimos meses, que trouxeron consigo unha maior escaseza de produtos.
Sexan máis de cear carne, peixe ou de manchar as mans no marisco, non esquezan botar unha man aos cociñeiros e gozar do tempo cos seus.