O falecemento de nove persoas eleva a 923 a cifra de mortos por covid en Galicia
• As residencias galegas suman 420 usuarios e 235 traballadores con coronavirus | Sanidade non descarta os confinamentos domiciliarios "se ve comprometida" a capacidade das UCI
• Galicia segue en máximos de positivos diarios, con 775 novos casos nas últimas 24 horas
O falecemento este domingo de nove persoas na comunidade eleva a 923 a cifra de mortos por coronavirus en Galicia https://t.co/bkQUpWNMXa pic.twitter.com/IDLWvT6joe
— G24 (@G24Noticias) November 1, 2020
Os últimos datos de vítimas pola covid−19 en Galicia rexistran o falecemento de nove persoas, catro delas na área sanitaria de Ourense, a máis castigada nesta segunda vaga da pandemia. As catro eran mulleres, de 73, 85, 88 e 90 anos respectivamente. Tres faleceron no Complexo Hospitalario de Ourense (a de 73 anos procedía da residencia Nosa Señora dos Anxos) e a máis anciá faleceu no hospital de Valdeorras, procedente da residencia Valdegodos de Viana.
As outras vítimas rexistráronse no hospital da Mariña, procedentes da residencia de San Cibrao, un home de 81 anos e unha muller de 89. Outros dous pasamentos ocorreron no Complexo Hospitalario da Coruña, un varón de 92 anos e unha muller de 89, procedente esta da residencia Ballesol de Oleiros.
A novena vítima é un varón de 80 anos, no Complexo Hospitalario de Pontevedra.