CRTVG

Buscar

Aumentan os desprazamentos por estrada na previa da operación saída

Publicado o 30/06/2021 15:38

A un día de que comece a operación saída de vacacións xa se empeza a notar movemento nas estradas galegas. Na A-52, unha das principais vías de conexión de Galicia co resto de España, aumento o tráfico de xeito considerable.

De feito, contabilizouse un aumento duns 5.000 vehículos con respecto á semana anterior. O medo a coller avións e a facer viaxes longas por mor da pandemia está detrás deste incremento da mobilidade por estrada.

Noticias web

30/06/2021