CRTVG

Buscar

Aumentan os casos positivos en Zas: hai 41 contaxiados

Publicado o 18/08/2021 15:27

A incidencia acumulada a catorce días en Zas é de 933 contaxiados. Aumentan os positivos, que están localizados en media ducia de familias. De momento, están asintomáticos.

No concello de Zas continúan coas restricións do nivel medio baixo polo coronavirus. Pero os contaxios aumentan. A maioría dos positivos chegan por encontros festivos celebrados na casa, entre veciños e xente nova que chega de fora ver a familia.

A incidencia acumulada a catorce días en Zas é de máis de 900 positivos. Inflúe no aumento dos contaxios a interacción entre os veciños de Zas e os das localidades próximas de Santa Comba ou Vimianzo, onde soben tamén os positivos.

En Zas, de momento, os máis de trinta e cinco positivos por coronavirus están ben e localizados en media ducia de familias de varias parroquias diferentes. 

 

Noticias web

18/08/2021