CRTVG

Buscar

Aumentan os casos no Porriño que ten a incidencia máis alta da área sanitaria de Vigo

Publicado o 10/02/2021 17:29

Lonxe de diminuír as cifras de contaxios, como ocorre na gran maioría dos concellos da contorna, O Porriño continúa nunha liña ascendente que segue a sumar positivos. Ábrese a incógnita sobre cal pode ser a orixe deste aumento.

O Porriño é un dos concellos con maior taxa de incidencia acumulada de toda a área sanitaria de Vigo, con 675 casos por cada cen mil habitantes.

Sete mil veciños foron citados para participar nun cribado masivo ante a repunta de casos. Nas últimas horas o concello suma 145 novos contaxios. Na rúa os datos preocupan.

Na área viguesa xunto ao Porriño continúan en tendencia ascendente outros concellos como Cangas e Pazos de Borbén.

Noticias web

10/02/2021