CRTVG

Buscar

Aumentan os positivos da variante delta en Galicia, cun gromo en Vigo

Publicado o 24/06/2021 17:26

Aumentan os casos da variante delta en Galicia. O último gromo detectouse en Vigo, concretamente nun grupo de amigos que regresaron dunha viaxe. En total son tres, dous deles residen na cidade olívica e outro en Ferrol.

É precisamente a área sanitaria viguesa a que suma máis positivos desta variante na nosa comunidade autónoma, xa son máis dunha vintena. Lembremos que Vigo foi a primeira cidade de España onde se localizou esta variante no mes de maio. Os outros casos en Galicia están na área sanitaria da Coruña, onde xa se localizou nas augas residuais. 

En pleno avance da desescalada, a variante delta convértese nunha nova dor de cabeza para os científicos e virólogos, sobre todo pola súa capacidade de transmisión. Estudan a efectividade da vacina fronte a ela. 

Mentres agardamos os resultados destes estudos, a variante delta esténdese e Galicia suma máis de vinte e cinco casos, deles a gran maioría na área sanitaria de Vigo, onde o Sergas detectou un gromo nun grupo de amigos que regresaba dunha viaxe. 

En menor proporción tamén se detectaron casos na Coruña e a presenza desta variante xa foi localizada nas augas residuais. O Sergas xa anunciou adiantar a segunda dose de AstraZeneca como estratexia para loitar contra ela. Os expertos insisten na prudencia e a autoprotección. 

Noticias web

24/06/2021