CRTVG

Buscar

Aumentan os alugueiros de rochos entre pareticulares e empresas

Publicado o 12/07/2021 20:53

Tecnoloxía punta e abertos as 24 horas. Os rochos do futuro son xa espazos limpos en que todo está en orden. Son a solución cada vez mais demandada para almacenar o que non cabe nunhas vivendas cada vez mais pequenas. Unha idea que xurdiu nos Estados Unidos no anos 60 pero que aquí tardou en callar. A pandemia tróuxolles moitos clientes.  Segundo Ariana Cruces, de Red Espaciogeo: "O que sí se notou e que a xente lanzouse a facer reformas nas casas, entón necesitan espazo para esa reforma que veron que necesitaban. E tamén que no tempo do confinamento estivemos todos limpando e vaciando armarios coma tolos, e tamén nos solicitaron moitos servizos a través da internet".

Unha desas empresas comezou hai 8 anos en Vigo con 114 rochos e agora conta con 1200. En 2018 foi nomeado o mellor centro europeo en tecnoloxía e calidade e agora está presente en 11 cidades. Conta con espazos modulares a partir de 15 euros o metro cadrado. O acceso é 24 horas ben con tarxeta o dende a aplicación do móbil. A pandemia reforzou o automatismo do negocio, como conta Jesús Fernández, CEO de Red Espaciogeo: "O baseamos todo na tecnoloxía, poder entrar nun centro autónomamante... Os nosos centros en toda España son autónomos, sen personal, a contratación é online, a visita pode ser guiada a través de cámaras e operadores nosos, e tanto a altas, coma baixas ou cambios fanse nun kiosco no que se poden facer todo tipo de operacións".


Son moitos autónomos os que usan estes rochos tamén como almacén ou punto de recollida e entrega de mercadorías. O perfil do usuario é particulares e empresas a partes iguais. Solucións imaxinativas para calquera demanda nestes rochos 3.0.

Noticias web

12/07/2021