CRTVG

Buscar

Aumentan os accidentes con patinetes eléctricos

Publicado o 16/09/2021 21:59

O inspector xefe de tráfico da Policía Local da Coruña asegura que "a xente anda cun patinete e non ten permiso de condución, pero é máis áxil e máis rápido".

Está é tal vez unha das claves polas que existe certo descoñecemento por parte dos usuarios de patinetes eléctricos sobre as distintas normativas. Non é necesario ningunha certificación para conducilo e ás veces iso leva a pensar que non hai que ter certas precaucións para usalos.

José Manuel Rico sinala que "falta quizais formación e información, a xente vai a unha tenda, mércao e algúns pensan que é un xoguete, outros que é como unha bici, pero é un vehículo que alcanza unha velocidade e pode traer consecuencias".

Estúdase agora mesmo a nivel estatal impoñer a obriga de levar o casco, pero de momento o que prima, dentro dunhas normas básicas xerais, son as ordenanzas municipais en cada lugar. Dende a Policía Local da Coruña recordan que non se pode circular polas beirarrúas, que hai que respectar as prioridades, os semáforos, facelo con precaución nos cambios de carril".

Só na Coruña van xa 9 accidentes no que vai de ano con patinetes implicados.

Noticias web

16/09/2021