CRTVG

Buscar

Aumentan as reservas nos hoteis de luxo da Coruña

Publicado o 12/05/2021 15:17

Apostaron pola Coruña e por Galicia, a pesar da covid. Un exclusivo hotel abriu as súas portas en plena pandemia e, tras meses pechado, hoxe retoma a actividade.

Coma todos os sectores turísticos, os chamados hoteis de luxo tamén se adaptan ás circunstancias, pero confían en que este será o seu ano.

O turista nacional e familiar é o tipo de cliente que está a facer as sús reservas nestes establecementos, que tamén notan a reactivación empresarial.

Garantías de seguridade e exclusividade que se asocian aos chamados hoteis de luxo preséntanse como outro incentivo que se ten en conta neste incremento da demanda. Unha previsión que aínda confían mellorar co turismo internacional.


 

Noticias web

12/05/2021