CRTVG

Buscar

Aumentan as infraccións ao volante a pesar do confinamento

Publicado o 18/12/2020 17:06

Co confinamento, as restricións de mobilidade e a pandemia en xeral a xente usou menos o coche. Pois a pesar diso as infraccións na estrada aumentaron. Unha media de 22 sancións diarias poñen en Galicia as patrullas de Tráfico camufladas, as que van en vehículos comerciais. Encárganse de controlar posibles imprudencias ao volante, que doutro xeito serían difíciles de detectar.

Xa se sabe que cando vemos unha patrulla de Tráfico ou un radar fixo preocupámonos de atender ben á condución, pero estes coches camuflados o que fan é controlarnos en situacións reais, cando nos relaxamos. E parece que nos relaxamos bastante, porque o número de infraccións este ano aumentou, malia o descenso do tráfico nos meses de confinamento.

Son 45 turismos, oito motos, tres furgonetas e dous camións. Circulan a calquera hora e por calquera lugar, e van camuflados, sen distintivos que permitan recoñecer á Garda Civil de Tráfico. Estas patrullas vixian distraccións e imprudencias ao volante, e teñen que pasar desapercibidas porque saben que son infraccións difíciles de detectar doutro xeito.

O caso é que incumprimos, porque este ano, malia os meses de confinamento e as restricións de mobilidade, xa levan máis de 7.600 denuncias cursadas. Din que por desgraza aínda teñen que prender esa luz vermella demasidas veces ao día en Galicia.

Noticias web

18/12/2020