CRTVG

Buscar

Aumentan as importacións no porto de Vigo

Publicado o 04/01/2019 14:50

Os metais convertéronse no gran dinamizador do tráfico de mercadorías do 2018 no porto vigués e xa rivaliza coa pesca conxelada. A importación de aluminio incrementouse en máis dun 40 por cento e provocou a saturación do peirao trasversal.

Desde a Autoridade Portuaria anuncian que o grande incremento da carga fai prioritaria a reordenación e ampliación dos espazos, que será o reto de 2019 co desenvolvemento do plan estratéxico en fase de exposición pública ata o 15 de xaneiro. 

O 2018 pechou cun incremento de máis do catro por cento do tráfico de mercadorías, o mellor dato da última década, e as previsións apuntan a que continuará crecendo. 

Noticias web

04/01/2019