CRTVG

Buscar

Aumentan as hospitalizacións en planta (+25) e os positivos seguen por riba do milleiro

Publicado o 21/07/2021 20:12

• Só as áreas de Santiago e Lugo están por debaixo dos 2.000 casos. A de Ferrol, pouco máis de 500 | Os ingresos en planta case se triplican en tan só unha semana

• A taxa de positividade roza o 17 %, récord no que vai de pandemia

Aumentan as hospitalizacións en planta (+25) e os positivos seguen por riba do milleiro

Aínda é cedo para adiviñar o cumio desta quinta vaga, pero polo momento o ritmo dos novos contaxios segue a ser elevado. Hai 12.889 casos activos, 852 novos respecto a onte, tras 1.151 novos positivos confirmados por PCR.

 

Por áreas sanitarias a repartición dos casos sería:

Vigo: 2.909  (+202)

Pontevedra: 2.258 (+157)

A Coruña: 2.214 (+120)

Ourense: 2.181 (+95)

Santiago: 1.580 (+125)

Lugo: 1.241 (+102)

Ferrol: 506 (+51)

Aumenta a presión asistencial

A situación nos hospitais galegos empeora de novo. Son xa 174 as persoas ingresadas pola covid−19: 153 en planta (+25) e 21 nas UCI (=). Son cifras que non viamos dende o 18 de maio. As hospitalizacións foron incrementándose nas últimas semanas, mesmo triplicando en planta os números de hai catorce días.

 

Por sorte, este mércores non se comunicaron falecementos por mor da covid−19. As vítimas da pandemia no país son 2.443.

Case un 17 % de positividade

A taxa de postividade rompe os récords no que vai de pandemia, chega ao 16,70 %, tras daren positivo 1.151 das 6.891 probas PCR realizadas onte. É máis do triplo do recomendado pola OMS (5 %) para dar por controlada unha pandemia. 

Mapas de incidencia por concellos