CRTVG

Buscar

Aumentan as dúbidas sobre o futuro dos Xogos Olímpicos

Publicado o 21/03/2020 14:48
Estados Unidos di que non enviará deportistas se non hai "garantías"

A gran pregunta. Deberían seguir adiante os xogos olímpicos de Toquio?. O gran evento do ano é o único que mantén ata agora as súas datas. Pero cada vez son máis voces as que piden un aprazamentoe o cancelo Toquio 2021 cada vez aparece máis polas redes sociais. Foi moi claro o Comité Olímpico de estados Unidos, que asegurou que non haberá deportistas dese país na capaital nipona se as autoridades non garanten a complete segurideade para a saúde dos participantes. As mensaxes son de cautela

Alejandro Blanco, o presidente do Comité Olímpico Español, considera que o Comité Internacinal "está recollendo información, todas as opnións médico-científicas e a partir de aí tomarase unha decisión".

O 13 de Marzo a ministra xaponesa de deportes dicía que non se consideraba o adiamento ou a cancelación. O comunicado, claro, rotundo, das autoridades deportivas norteamericanas, as do país con máis medallas, poden virar a situación e que oos xogos olímpicos abran un paréntese que só se vivira durante as dúas guerras mundiais.

Noticias web

21/03/2020