Aumentan as contribucións á Igrexa na declaración da renda
Publicado o 02/03/2021 20:46

Un de cada tres contribuíntes marcaron o recadro da igrexa na última declaración da renda. As cifras corresponden ao exercicio de 2019 cando ata 8 millóns e medio de españois escolleron destinar parte dos seus impostos a Igrexa católica.
A cifra supón un récord dende o 2007 cando entrou en vigor o novo modelo de financiamento e permitirá á institución relixiosa ingresar máis de 300 millóns de euros en concepto de IRPF.