CRTVG

Buscar

Aumentan as ceas por encarga a domicilio en Noiteboa

Publicado o 24/12/2020 19:12

Ben sexa por solidariedade cos hostaleiros, ben por gozar ao máximo dunha noiteboa tan atípica, o certo é que as encargas de ceas para esta noite se dispararon nos restaurantes.

Apenas recollidas as mesas do xantar comezou un intenso traballo para atender todas as peticións. No caso deste restaurante de Lugo, ofrecen por vez primeira o servizo de Nadal, algo que semellaba impensable para eles hai un ano.


Álvaro Villasante ten un restaurante e di que nunca pensou facer comida para levar.

Un factor que incide no aumento da demanda é a dispersión que provoca o coronavirus. Hai máis ceas porque as familias non poden organizar grandes xuntanzas.

O que non varía é o menú e, aínda que sempre queda sitio para as innovacións, hai algúns platos que non poden faltar na mesa en Noiteboa.


Para os cociñeiros, o máis importante é que os menús non perdan calidade entre o momento da entrega e o da degustación.

Aínda que non son a panacea, as peticións de ceas de Noiteboa supoñen un balón de osíxeno para un sector da restauración que non lembraba un nadal con tan pouca clientela.

Noticias web

24/12/2020