CRTVG

Buscar

Aumentan a 10 o número de vítimas mortais tras o derrubamento en Miami

Publicado o 28/06/2021 19:16
Aumentan a 10 o número de vítimas mortais tras o derrubamento en Miami
EFE

Os grupos de rescate que traballan por quinto día consecutivo contra o reloxo no lugar da derruba parcial dun edificio de 12 plantas de Surfside (Miami- Dade) anunciaron este luns que "a procura vai continuar" tras o achado do corpo dunha nova vítima, co que xa son dez as vítimas. 

O número de desaparecidos sitúase agora en 151, mentres que os localizados con vida son 135, indicou a alcaldesa de Miami- Dade,  Daniella Levine Cava, que prometeu chegar "ata ao fondo" na investigación para determinar as causas desta traxedia, que afectou persoas e familias de diversos países.        

Ray  Jadallah, vicexefe dos Bombeiros de Miami- Dade, indicou que esta tarde os grupos de rescate van cambiar as súas posicións na montaña de entullos para que a maquinaria pesada levante unha gran placa de formigón armado nunha zona onde se atoparon varios corpos nestes días.

 Por causas ata o de agora non determinadas, a ala nordés do edificio Champlain Towers, inaugurado en 1981 cun total de 136 apartamentos, derrubouse en segundos ás 1.30 horas da mañá do xoves 24 de xuño, cando os seus moradores durmían. 

Cincuenta e cinco apartamentos convertéronse nunha montaña de entullos onde hoxe traballaban máis de 240 persoas en distintos cometidos, pero cunha prioridade: achar sobreviventes, segundo dixo o alcalde de Surfside, Charles Burkett, quen engadiu que aínda que pasaron cinco días daderruba, aínda é posible achar persoas con vida, como se demostrou en terremotos e outras catástrofes similares.   

 

Noticias web

28/06/2021