Galicia suma 18 mortes nunha nova xornada de recórd de positivos: 1.727

O Servizo Galego de Saúde notificou 18 novos falecementos na xornada de hoxe. A cifra total desde o inicio da pandemia elévase na nosa comunidade autónoma a 1.584.
Os decesos son os dun home de 90 anos no CHUO, un varón de 82 anos no CHUAC, unha muller de 88 anos no CHUS, unha muller de 74 anos no CHUAC, un varón de 78 anos no CHOP, un varón de 73 anos no CHUAC, un home de 74 anos no CHUO, unha muller de 90 anos no CHUS, unha muller de 85 anos no CHUVI, outra muller de 92 anos no CHUVI, unha muller de 72 anos no CHUS, un home de 82 anos no CHUF, un varón de 83 no mesmo hospital, un home de 90 anos no CHUF, un varón de 90 anos en POVISA, un varón de 86 anos no mesmo hospital e un home de 92 anos no CHOP.
En residencia falecía un home de 92 anos, concretamente na residencia Paz y Bien de Tui.
Segundo informa Sanidade, todas estas persoas sufrían patoloxías previas.