CRTVG

Buscar

Aumenta o tráfico de drogas en Europa: cocaína a domicilio desde o móbil

Publicado o 07/06/2019 20:02

O Observatorio Europeo de Drogas comproba que as novas tecnoloxías están facendo cada vez máis accesible a compra de substancias estupefacientes. No ultimo informe, o Observatorio alerta de que é posible mercar cocaína, a domicilio, desde o móbil.

É posible facer un pedido de cocaína, a domicilio, urxente, por WhatsApp. Iso asegura o ultimo informe do Observatorio Europeo de Drogas. Con identidades ocultas, encriptadas, cada vez a distribución e venda de drogas é máis accesible. Faise a través do móbil, das redes sociais e de mensaxes instantáneas.

En Bruxelas chaman a este novo xeito de distribución e consumo, “uberización”, porque mercar droga xa é similar a pedir comida a domicilio, por exemplo, a través do teléfono.

A cocaína, a segunda substancia máis consumida en España e en Europa despois do cannabis, cada vez é máis pura. España está entre os grandes consumidores de droga de Europa. No 2017, na Unión Europea confiscaron o máximo histórico de haxis e marihuana, das que case unha terceira parte estaban en España.
 

Noticias web

07/06/2019