CRTVG

Buscar

Aumenta o consumo no fogar de froitas, verduras, legumes e peixe fresco

Publicado o 28/04/2020 20:33

Os fogares incrementaron de maneira xeneralizada a adquisición de froitas, hortalizas, legumes e peixe fresco. Esta é a principal conclusión do último estudo elaborado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que analizou o consumo doméstico a mediados de mes.

Irene Castro, froiteira: "A partir do confinamento foi cando se notou un 'boom' de vendas. Moita máis cantidade, incluídas hortalizas que por prezo elevado non se vendían e que agora se venden igual."

Con respecto ao mesmo período do ano pasado, que coincidiu coa Semana Santa, o aumento de produtos de alimentación na cesta da compra disparouse en máis dun 50 por cento. No caso dos legumes e das patacas, o incremento no seu consumo superou o 70 por cento interanual.

Manuel Pereiro, distribuidor de froitas e verduras: "Agora mesmo o que máis estamos vendendo son patacas. Tamén laranxas e verdura."

Irene Castro, froiteira: "Achácollo a que a xente está máis na casa, pois os nenos comen na casa e non no cole, a que hai moita máis xente nas vivendas."

No estudo tamén destaca o incremento no consumo de peixe fresco, que aumentou un 57 por cento con respecto ao ano pasado. No tocante á carne, a de porco é a que experimentou un maior aumento de vendas.

Noticias web

28/04/2020