CRTVG

Buscar

Aumenta notablemente a afluencia de visitantes e a chegada de peregrinos

Publicado o 31/05/2021 14:25

Galicia viviu outra fin de semana con aumento considerable dos desprazamentos. Bastantes deles acabaron na praia, empuxados por unhas condicións atmosféricas con ambiente de verán. A Santiago chegaron entre o sábado e domingo case 800 peregrinos, cifra menor para un ano santo, pero que reflicte o inicio do camiño ascendente. No Obradoiro encontramos esta mañá de luns un grupo canario que desta volta veu polo Camiño Portugués.

Tamén contemplando en vivo a nova imaxe da catedral compostelá, unha parella da comunidade valenciana que elixiu Galicia para a súa primeira viaxe de casados. Viaxes como a desa parella danlles vida aos hoteis e tamén ao resto de ramas da hostalería e ao comercio local en xeral. Nunha casa da comidas, din que xa se notou o movemento do turismo de fin de semana.

José Avelino Martínez,  socio xerente da Casa de Xantar Dezaseis, di que xa desde o venres á tarde houbo máis ambiente de fin de semana, "os sábados nós estabamos traballando moi ben e  (este) sábado pola noite o que se notou foi que xa había bastante turista. Non foi un día esaxeradamente laborisoso, pero si que se notou a afluencia de turistas de fin de semana".

Engadía Martínez que xa empeza a haber reservas de axencias de viaxes, pero considera que terá que pasar bastante tempo ata chegar ás cifras prepandemia.



 

Noticias web

31/05/2021