CRTVG

Buscar

Aumenta a supervisión da limpeza de parcelas para previr incendios

Publicado o 12/08/2021 15:09

A presenza de Antón e José non pasa desaparecibida nesta parroquia de Rianxo. Son supervisores de Seaga e están a verificar que non hai vexetación prohibida a menos de 50 metros dos núcleos de poboación.

"Sempre nos preguntan polo que estamos facendo, cando ven o noso cartel, e xa no momento lles advertimos de que teñen que ter limpas as parcelas", di Alejandro García Dacosta, enxeñeiro forestal de SEAG.

Comproban o estado dos terreos e cargan a información nunha aplicación informática chamada Xesbio. Se hai incumprimentos, explican cal é a vexetación que sobra e canto custaría limpala. Eses datos van parar ao Concello, que terá que notificar ao propietario a súa obriga de rozar.

"Os concellos poden sacar notificacións de incumprimento para os propietarios, avisando de que teñen 15 días para limpar ou podería entrar subsidiariamente a Administración facelo, repercutindo os custos no propietario", explica Dacosta. 

Eucaliptos enriba das casas, toxeiras pegadas ao valos... Unha simple ollada ás veces é suficiente para detectar que quedan moitos deberes por facer. E eles están alí para recordalo.

Alejandro García Dacosta, enxeñeiro forestal de SEAGA: "Non se trata tanto de multar como de informar e advertir os propietarios das parcelas".

Poden solicitar este servizo de supervisión todos os concellos adheridos ao convenio entre Xunta, Fegamp e Seaga. Un labor que este verán conta cun reforzo de 30 técnicos que se encargan de recordarnos que máis vale previr os incendios que extinguilos.

 

Noticias web

12/08/2021