Aumenta a presión hospitalaria en Ourense: á alza os ingresados nas UCI e en planta
Prohibido atender no interior de bares e restaurantes. Por iso hoxe volveron as rúas de Ourense os cafés para levar ou nas terrazas cunha cabida máxima do 50 por cento.
O ocio nocturno permanecerá pechado. Medidas coas que se intenta atallar o incremento explosivo de casos en Ourense, Barbadás e o Barco de Valdeorras.
O número de contaxios non deixa de medrar. Nas últimas horas detectáronse 212 novos postivos o que eleva a 1778 os casos activos na área sanitaria de Ourense. Máis da metade rexistrase na cidade que se achega ao milleiro de contaxidos.
Hai unha vintena de persoas hospitalizadas en planta e 4 na UCI..Por iso insisten en extremar as medidas de prevención aínda que se estea vacinado e en participar nos cribados para intentar localizar aos asintómaticos.