CRTVG

Buscar

Sobe lixeiramente a ocupación hospitalaria pero os casos seguen baixando

Publicado o 13/09/2021 20:29

• Diminúen os novos casos detectados por PCR (-57)

Sobe lixeiramente a ocupación hospitalaria pero os casos seguen baixando

Os casos activos seguen a súa baixada pronunciada (-288). En total, hai 3.466 persoas con coronavirus en Galicia.

En canto ás PCR, detectáronse 89 positivas, 57 menos que na xornada anterior.

Por PDIA tamén se detectaron menos casos novos que no día anterior, 48.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 509 (-66)

A Coruña: 939 (66)

Pontevedra: 224 (-24)

Santiago: 600 (-40)

Ourense: 367 (-24)

Lugo: 667 (-60)

Ferrol: 160 (-8)

Por outra banda, a presión asistencial aumenta tanto en UCI (+2) como en planta (+7). En total, hai 42 persoas hospitalizadas en coidados intensivos e 116 en planta.

Mapas de incidencia por concellos