A incidencia da covid-19 segue subindo na comarca da Mariña
Publicado o 01/06/2021 14:02
Temor e cansazo pola situación é o que se vive nas rúas de Xove despois de que nas últimas 24 horas chegara a 11 o número de casos activos no concello. A incidencia acumulada a 14 días é xa de 336 casos. Os veciños aínda lembran o gromo do mes de xaneiro cando se dispararan os contaxios e agardan non ter que volver pasar polo mesmo.
Viveiro segue a ser o concello mariñán con máis casos, cun total de 56, e coa maior taxa de contaxios. Tamén en Ribadeo empeorou a situación con 11 novos positivos na última semana para un total de 15 a día de hoxe.
Ourol, O Vicedo, Trabada e A Pontenova son os concellos da Mariña onde non houbo contaxios nos últimos 14 días.