CRTVG

Buscar

Aumenta a demanda de robots destinados á hostalería na China

Publicado o 08/02/2021 16:15

Na China tamén, por mor da epidemia da covid-19, a industria da intelixencia artificial rexistrou unha nova demanda, a de robots que poidan servir nun restaurente sen que exista contacto coa clientela. 

Os robots deseñados para estas funcións están equipados con sensores visuais e de peso e nalgúns casos outras tecnoloxías, como radar laser ou detectores infravermellos. Os usuarios realizan os seus pedidos e os robots sírvenos, algúns deles son capaces de facer un café. 

Noticias web

08/02/2021