CRTVG

Buscar

Aumenta a demanda de espazos de traballo compartidos para abaratar os custos

Publicado o 22/07/2020 14:58

Estes espazos de traballo compartidos foron durante esta pandemia o salvavidas de moitos emprendedores e pequenas empresas.

Espazos que ofrecen flexibilidade aos empresarios e abaratemento dos custos. Estes espazos amoldáronse sen problemas a esta nova situación adaptándose ás esixencias de cada empresa, incluso para aquelas que precisan teletraballar.

Espazos compartidos ou individuais. En definitiva, lugares de traballo que manteñen con vida durante a pandemia a moitos autónomos e pequenas empresas.

 

Noticias web

22/07/2020