CRTVG

Buscar

Crece a competencia entre o bus e o tren para a ruta de Vigo ao Porto

Publicado o 25/10/2021 13:36

Dende a estación de Vigo, cada día, saen oito autobuses pola mañá e outros cinco pola tarde cara ao Porto. Unha oferta que obriga as compañías a axustar prezos.

As viaxes duran arredor de dúas horas dependendo das paradas que realice o autobús e os prezos van dos 4 aos 14 euros por traxecto.

O tren trata de competir con ofertas especiais, para rebaixar os prezos habituais de 12 euros e con dúas frecuencias diarias.

Agora os viaxeiros comparan ofertas de prezos, servizos e horarios antes de mercar os billetes.

Noticias web

25/10/2021