CRTVG

Buscar

Aumenta a calor no interior e refresca na costa

Publicado o 20/05/2020 14:30

No interior de Galicia están a pasar desde onte dos trinta graos, sobre todo en Ourense e no sur de Lugo. Hoxe subiu a temperatura mínima, que na provincia de Ourense non baixou dos 12 graos, e a máxima, que pode acadar os 32. En zonas agrícolas coma o Ribeiro agradecen o sol e a calor para que madure a froita e morran os parasitos. Algúns ata confían en que a calor mate tamén o coronavirus.

"A ver se morre o bicho", di unha veciña de Arnoia.
"Para traballar lévase mal, pero para o campo fai falta, para as vides e os pementos", comenta outra.
"Os da construción non podemos escoller frío ou calor. O que toque", explica un traballador.
"Beber, sombriña, e a gozar do día", aconsella outra veciña.

No litoral atlántico o día amenceu gris, pero foi despexando a medida que avanzaba a mañá. Non vai tanta calor coma onte debido ás brétemas, pero segue sendo tempo primaveral e mesmo de verán. A previsión meteorolóxica anuncia máis sol e calor para mañá, aínda que se prevé que cheguen algunhas nubes pola tarde.

Noticias web

20/05/2020